50 aniversario da inauguración do edificio do centroPrograma | Un pouco de historia | Anagrama do centroInauguración da exposición de fotografías
No curso 1958-59 inaugurábase o edificio que hoxe acolle o noso instituto. Con este motivo queremos recordar estes 50 anos nos que o centro, ademáis da súa actividade académica, foi un foco de dinamización e difusión cultural para Lugo. Nestes anos o feminino, como sempre o coñeceron os lucenses, foi un espazo de socialización e formación de varias xeracións de rapazas primeiro e rapazas e rapaces mais tarde. Co lema De aulas de mulleres a mulleres nas aulas pretendemos significar a gran transformación que se deu no ámbito educativo en xeral e no noso centro en particular e facer unha pequena homenaxe ás mulleres que souberon loitar contra a moral e os prexuízos imperantes na súa época de estudantes e agora son protagonistas do noso tempo.
ProgramaDía 15 de maio:
Día 18 de maio:
Día 19 de maio:
Día 20 de maio:
Día 22 de maio:
Día 28 de maio:
Día 29 de maio:
Un pouco de historiaO Instituto Femenino fundouse no ano 1941, cando, coa chegada do réxime franquista, decidiuse crear un centro so para rapazas, que ata entón estudiaban xunto cos rapaces no Instituto de Lugo. Durante estes primeiros anos as clases impartéronse primeiro en dependencias da actual Deputación Provincial e despois no Pazo de Ombreiro na rúa Conde Pallares (para os mais novos, onde se atopa actualmente Zara). En 1955, loga dunha petición do claustro de profesores, o centro pasou a levar o nome de Nosa Señora dos Ollos Grandes, en honra da patroa da cidade de Lugo. Tras diversas xestións e varios ano de construcción, inaugurouse o actual edificio no curso 1958-59, nun acto que foi presidido polo xeneral Franco. Coa chegada da democracia viñeron ventos novos. No ano 1984 o Instituto de Bachillerato, como se chamaba naqueles tempos, comezou a acoller tamén rapaces.
O anagrama do centro
|






Foi creado en 2005 polo artista lucense Joaquín García-Gesto, profesor de Debuxo no instituto durante mais de vinte anos, recentemente xubilado.
