Equipos do centro gañadores do II Concurso Concurso Galego de Robótica
O equipo do noso centro formado por Samuel Arias Tejedor Jorge Fernández López, Alejandra Díaz Álvarez-Yáñez, Miguel Vázquez García e Daniel Balea Grandío de 4º ESO foron os gañadores do II Concurso Galego de Robótica na categoría de 2º, 3º e 4º ESO celebrado en Santiago organizado pola Institución Galega da Ciencia no marco da Semana da Ciencia.
A participación do Instituto foi moi destacada pois o equipo formado por
Miriam Ozores Piñeiro Carla Taboada Rubinos Beatriz Vázquez Losada
acadou o terceiro posto na mesma categoría.
No concurso participaron 23 alumnos do centro de 4º ESO, que estiveron acompañados polas profesoras Ana López Cela e Rocío Varela.
Noraboa a todos os participantes e moi especialmente aos gañadores.
|