logo Consellería Educación            logo Unión Europea                           Contacto

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes - Lugo

Estatísticas

Visitas del artículo
250547

Calendario Escolar

calendario

Ciclos formativos

Técnico superior de Animación de actividades físicas e deportivas

Ciclo formativo de réxime xeral pertencente a familia profesional de actividades físicas e deportivas. Ten unha duración de 2000 horas repartidas en dous cursos. O terceiro trimestre do segundo curso realízanse as prácticas en empresas.

Perfil profesional - Currículo - Acceso e matrícula - Actividades

 

 

Técnico Deportivo en Atletismo (Nivel I e II)

Ciclo formativo pertencente as ensinanzas técnico-deportivas dentro da formación profesional especial. O nivel I desenvolvese durante un curso e o Nivel II durante outro curso.

As ensinanzas técnico deportivas teñen como finalidade a de preparar ao alumnado para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo. Son as antigas titulacións das Federacións Deportivas que agoran están integradas dentro do sistema educativo.

En Galicia a especialidade de Atletismo impártese no noso instituto e, desde o curso 2012-13, tamén no IES As Barxas de Moaña (Pontevedra)

Currículo - Acceso e matrícula - Actividades


 

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes - Avda. Ramón Ferreiro s/n   27002 Lugo
Tlf.: 982 220698    Fax: 982 220696
ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es
http://www.iesollosgrandes.org