Logo IES Ollos Grandes

Acceso

Redes Sociais

Estatísticas

Ver contenido por hits : 206654
Designed by:
Os suecos xa están connosco
Suecos WWL

Un ano mais os alumnos e alumnas do Tibble Gymnasium de Täby, Suecia, están en Lugo.

Veñen en dous grupos pertencentes a dous programas distintos.

Ler máis...
 
Presentación do libro "Itinerarios Históricos Artísticos"

autores do libroO sábado, 21 de xaneiro, presentouse no salón de actos do instituto o libro "Polos camiños da cultura. Itinerarios histórico artísticos" escrito polos profesores de historia do centro José Luis Novo Cazón e Javier Gómez Vila.

No libro recóllense as visitas e as viaxes realizadas no curso 2010-11 dentro da actividade complementaria "Itinerarios histórico artísticos" na que participan os alumnos e alumnas das materias Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia.

A edición do libro correu a cargo do Deputación de Lugo, grazas a impulso do que o ano pasado foi o seu Vicepresidente primeiro Antón Bao.

Podes ver as crónicas dos itinerarios que se realizaron neste enlace.

Ler máis...
 
Convocatoria de probas de acceso ao ciclo formativo superior - 2012

logo FPNo DOGA do 19 de xaneiro de 2012 publicouse a convocatoria as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

O prazo para a inscrición a proba do grao superior é do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2012.

Mais información na convocatoria do DOGA ou nas oficinas do centro Tlf.: 982220698.

Neste centro impartese o ciclo superior de Técnico en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

No portal da Consellería de Educación sobre Formación Profesional podes informarte sobre outros estudos de formación profesional.

 
Sara Abuín Rodríguez gañadora do XVII Concurso de relato curto Trapero Pardo

entrega premiosSara Abuín Rodríguez, de 4º ESO, foi a gañadora na categoría de 12 a 14 años da XVII edición do premio de relato curto "Trapero Pardo" que organiza a Concellería de Educación do Concello de Lugo coa obra Quello che si pensava impossibile (O que criches imposible).

O día 22 de decembro tivo lugar a entrega de premios no salón de plenos do Concello. O acto estivo presidido polo Sr. Alcade de Lugo. Máis información

Noraboa á gañadora!!!

 
Fotos dos itinerarios histórico-artísticos

Estas son as fotos dos itinerarios dos participantes nos itinerarios histórico-artísticos do curso 2011-12.

Ler máis...
 
Charla para familias sobre o Espazo Abalar

espazoabalar

Charla informativa sobre o Espazo Abalar

O Luns, 28 de novembro, ás 19:00, terá lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa dirixida a todos os pais e nais.

Que é o Espazo Abalar?

O Espazo Abalar é unha plataforma que permite aos pais e nais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos e fillas e establece unha nova canle de comunicación entre as familias e os titores.

Máis información:

Acceso ao Espazo Abalar para familias

Guía para familias

Preguntas frecuentes sobre o Espazo Abalar

Tutorial de acceso ao Espazo Abalar con DNI electrónico ou con certificado dixital da FNMT

 
Organización centro 2011-12

Xa se pode consultar na web:

Titorías:

Titores dos cursos

Horario de titoría dos profesores

Medidas de atención á diversidade:

Horario de clases de materias pendentes

Horario de clases de reforzo para 1º e 2º ESO

 
Matricula PAAU convocatoria de setembro
logotipo ciugInformación sobre a convocatoria de setembro de 2011 das PAAU
 
Premios extraordinarios de Educación Secundaria

imagen premioA Consellería de Educación convoca os premios de Educación Secundaria para o alumnado que terminou estos estudos no curso 2010-11  en dúas modalidades:

     · Ao rendemento académico

     · Ao esforzo e a superación persoal

As solicitudes presentaranse na secretaría do centro antes do 26 de setembro.

 
Convocatoria de Becas do MEC

becasA convocatoria de becas do Ministerio de Educación para o alumnado que cursa bacharelato e ciclos formativos de formación profesional e ensinazas deportivas no curso 2011-12 está aberta ata o 30 de setembro.

Como novidade para este curso, a presentación da solicitude farase on-line desde a páxina do Ministerio: Acceso solicitude on-line

Toda a información na páxina de becas do Ministerio de Educación

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 Próximo > Fin >>

Página 1 de 5

Novas da biblioteca




IES Nosa Señora dos Ollos Grandes - Avda. Ramón Ferreiro s/n   27002 Lugo
Tlf.: 982 220698    Fax: 982 220696
ies.nosasenora.ollosgrandes@edu.xunta.es
http://www.iesollosgrandes.org