|
Os suecos xa están connosco |
Un ano mais os alumnos e alumnas do Tibble Gymnasium de Täby, Suecia, están en Lugo.
Veñen en dous grupos pertencentes a dous programas distintos.
|
|
Ler máis...
|
|
Presentación do libro "Itinerarios Históricos Artísticos" |
|
O sábado, 21 de xaneiro, presentouse no salón de actos do instituto o libro "Polos camiños da cultura. Itinerarios histórico artísticos" escrito polos profesores de historia do centro José Luis Novo Cazón e Javier Gómez Vila.
No libro recóllense as visitas e as viaxes realizadas no curso 2010-11 dentro da actividade complementaria "Itinerarios histórico artísticos" na que participan os alumnos e alumnas das materias Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia.
A edición do libro correu a cargo do Deputación de Lugo, grazas a impulso do que o ano pasado foi o seu Vicepresidente primeiro Antón Bao.
Podes ver as crónicas dos itinerarios que se realizaron neste enlace.
|
|
Ler máis...
|
|
Convocatoria de probas de acceso ao ciclo formativo superior - 2012 |
|
No DOGA do 19 de xaneiro de 2012 publicouse a convocatoria as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.
O prazo para a inscrición a proba do grao superior é do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2012.
Mais información na convocatoria do DOGA ou nas oficinas do centro Tlf.: 982220698.
Neste centro impartese o ciclo superior de Técnico en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
No portal da Consellería de Educación sobre Formación Profesional podes informarte sobre outros estudos de formación profesional. |
|
Sara Abuín Rodríguez gañadora do XVII Concurso de relato curto Trapero Pardo |
|
Sara Abuín Rodríguez, de 4º ESO, foi a gañadora na categoría de 12 a 14 años da XVII edición do premio de relato curto "Trapero Pardo" que organiza a Concellería de Educación do Concello de Lugo coa obra Quello che si pensava impossibile (O que criches imposible).
O día 22 de decembro tivo lugar a entrega de premios no salón de plenos do Concello. O acto estivo presidido polo Sr. Alcade de Lugo. Máis información
Noraboa á gañadora!!! |
|
Fotos dos itinerarios histórico-artísticos |
|
Estas son as fotos dos itinerarios dos participantes nos itinerarios histórico-artísticos do curso 2011-12.
|
|
Ler máis...
|
|
Charla para familias sobre o Espazo Abalar |
|

Charla informativa sobre o Espazo Abalar
O Luns, 28 de novembro, ás 19:00, terá lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa dirixida a todos os pais e nais.
Que é o Espazo Abalar?
O Espazo Abalar é unha plataforma que permite aos pais e nais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos e fillas e establece unha nova canle de comunicación entre as familias e os titores.
Máis información:
Acceso ao Espazo Abalar para familias
Guía para familias
Preguntas frecuentes sobre o Espazo Abalar
Tutorial de acceso ao Espazo Abalar con DNI electrónico ou con certificado dixital da FNMT
|
|
Organización centro 2011-12 |
|
Matricula PAAU convocatoria de setembro |
|
Premios extraordinarios de Educación Secundaria |
|
A Consellería de Educación convoca os premios de Educación Secundaria para o alumnado que terminou estos estudos no curso 2010-11 en dúas modalidades:
· Ao rendemento académico
· Ao esforzo e a superación persoal
As solicitudes presentaranse na secretaría do centro antes do 26 de setembro. |
|
Convocatoria de Becas do MEC |
|
A convocatoria de becas do Ministerio de Educación para o alumnado que cursa bacharelato e ciclos formativos de formación profesional e ensinazas deportivas no curso 2011-12 está aberta ata o 30 de setembro.
Como novidade para este curso, a presentación da solicitude farase on-line desde a páxina do Ministerio: Acceso solicitude on-line
Toda a información na páxina de becas do Ministerio de Educación |
|
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 Próximo > Fin >>
|
|
Página 1 de 5 |