Skip to Content

Lingua galega

Visita á exposición itinerante Alfonso X e Galicia

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición itinerante Alfonso X e Galicia, na Capela de Sta María.

  

Trátase de unha exposición  organizada co motivo do 800 aniversario do nacemento do Rei Sabio. Destaca a súa importante relación con Galicia, que ten unha das súas expresións nas Cantigas de Santa María, unha das obras líricas medievais máis senlleiras escritas en lingua galega.

 

Tamén analiza o conxunto da figura de Afonso X: os seus avatares políticos, a súa obra cultural e mesmo achega detalles sobre o pasado medieval galego a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais. 

 

Ops!

Alumnado de 2º e 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou no obradoiro OPS! O portugês simples.

Estos obradoiros concedidos pola Área de Cultura da Deputación de Lugo a través da AGAL (Ass. Galega da Língua) teñen por finalidade  mostrar a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercado laboral.

 

Rutas literarias do Museo

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes realizou as rutas literarias do Museo e visitou a sala Castelao.

Visita á Exposición Castelao grafista

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou Afundación para ver a exposición «Castelao grafista (facsímile

    

A exposición componse dunha selección de obras nas que se amosa o compromiso ético, social e político de Castelao, e os seus recursos plásticos.

   

Poema homenaxe a Rosalía de Castro

Alumnado e profesorado do Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes  rinde homenaxe a Rosalía de Castro
 

Homenaxe a Rosalía de Castro

Rosalía sempre viva en nós!

Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 3ºF acudiu ao parque do mesmo nome e, diante do busto da escritora, realizou unha lectura de poemas e unha ofrenda floral.

 

Poemas como “Nasín cando as prantas nasen”, “Negra sombra”, “Unha vez tiven un cravo”, “Campanas de Bastabales”, “Adiós ríos, adiós fontes”

 

e para rematar o poema que Federico García Lorca dedicou á nosa poetisa:                 

                        “Canzón de cuna  para Rosalía de Castro, morta”

¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!

Os arados van e ven dende Santiago a Belén,

Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco.

Un barco de prata fina que trae a dor de Galicia.

Galicia deitada e queda transida de tristes herbas.

Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos.

Cabelos que van a ô mar onde as nubes teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día!

¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!

 

 

 

Conferencia de Pilar García Negro: "NÓS DE ONTE A HOXE. CEN ANOS DE HISTORIA"

O alumnado de 4º da ESO (grupos C e D), asistiu o venres 22 á charla – coloquio: “Nós de onte a hoxe. Cen anos de historia”, impartida pola catedrática de Lingua galega e Literatura da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro.

Antes de comezar a súa exposición sobre o Grupo Nós e a súa importancia na nosa literatura, Pilar García Negro mostrou a súa querenza pola nosa cidade, xa que naceu aquí, e tamén polo noso instituto, no que cursou os seus estudos preuniversitarios.

Despois dunha breve exposición sobre o Grupo Nós e o seu papel decisivo na sociedade galega de comezos do século XX, iniciouse un coloquio coa conferenciante, no que o noso alumnado se mostrou moi participativo e interesado por este tema.

Para rematar, Pilar García Negro, recitou un poema de Ricardo Carvalho Calero, do seu libro Vieiros, dedicado á cidade de Lugo e titulado “Parque”.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut