Skip to Content

Lingua galega

Departamento de Lingua Galega. Curso 23-24

A composición do departamento de lingua galega do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Barral Rodríguez, Ana Mª (xefa de departamento)
  • Penas Roibás, Áurea Mª
  • Rodríguez de Arriba, Purificación
  • Rodríguez Rouco, Ana María
  • De Castro Rodríguez, Mª Tareixa
  • López Dorado, Beatriz (Sust: Ana Ayán)

Visitamos a exposición sobre a emigración e a adicada a Alonso Montero

O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre a emigración, situada no corredor do instituto, e a adicada a D. Xesús Alonso Montero Biblioteca Pública.

 

 

Encontro co escritor Paco Martín.

Despois de visitar na Biblioteca Pública a exposición "Cen anos de literartura infantil e xuvenil en galego", o alumnado do Club de lectura do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes tivo un encontro co escritor Paco Martín.

 

Visitamos a exposición "Educación en feminino: un paseo pola historia"

O alumnado de 2º ESO visitou a exposición Educación en feminino: un paseo pola historia,  na Facultade de Formación do profesorado.

Trátase dunha exposición que rememora as traxectorias de varias mulleres docentes e colectivos de educadoras e pon en valor as súas achegas á historia da educación.

Visita á exposición Cen anos de literatura infantil e xuvenil

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes visitou a exposición Cen anos de literatura infantil e xuvenil en galego.

Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil» é a nova exposición da Biblioteca  Publica de Lugo que chega un cento de publicacións, a maior parte primeiras edicións, que reflicten a evolución das obras infantís e xuvenís en galego.

Charla "Contar historias no século XXI"

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes asistiu á charla "Contar historias no século XXI" impartida por María Valcárcel, periodista e profesora asociada da USC.

Na sociedade da información, a xestión cultural é un proceso que achega valor. En cada fase aprendemos algo, achegamos algo, compartimos algo. A través da ideación e posta en marcha de proxectos culturais contamos historias que contribúen ao desenvolvemento individual e social. O século XXI precisa das nosas historias para ser entendido, di María.

 

Cine

Alumnado de 2º ESO  do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acudiu aos Cines Cristal a ver a película Salta

Salta é unha comedia familiar, galega, divertida; primera película de Olga Osorio, con Marta Nieto e Tamar Novas

 

Esta actividade estivo organizada polo departamento de Lingua Galega

Visitamos o Mapa de Domingo Fontán

O alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes  visitou o instituto Lucus Augusti para ver o exemplar do mapa de Domingo Fontán que teñen en exposición.

O matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) elaborou a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso do noso territorio, que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.

Cultura e tradición no Camiño

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes pechou o San Froilán coa asistencia á  actividade: VII Cultura e tradición no Camiño que a asociación Traxandaina organiza, por estas datas, no Centro Cultural O Vello Cárcere. 

Demostracións de Talla de cabazas, confección de San Cosmeiros e sombrereiría nas que o noso alumnado participou moi activamente, tanto escoitando como realizando traballos nas tres modalidades, e cuxos artesáns e artesás teñen como punto común como nos comentaba Teresa Astorgano, de Traxandaina: Fan todo o proceso desde o inicio e de xeito artesanal, sementan, recollen e procesan no caso dos Sancosmeiros e cabazas  ou procuran material de moi boa calidade como pelo de coello no caso dos sombreiros.

Ademais o artesán Blas Piñar agasallounos cunha lámpada, no deseño da cal  participou o noso alumnado. 

 

 

 

Exposición Toponimia Galega Castelanizada

Alumnado de 2º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición sobre toponimia que está exposta no corredor do instituto.

Trátase dun traballo elaborado pola profesora Luisa Diéguez, do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Puga Ramón de A Coruña, e que está a ser exposto en diferentes centros de ensino. Permanecerá no noso por espazo de dúas ou tres semanas.

Distribuir contido


by Dr. Radut