Skip to Content

Mobilidades de longa duración en Francia, Italia e Austria - curso 2024-25

Prazas ofertadas:

Ofértanse cinco prazas con financiación a cargo do programa Erasmus+, pendentes da confirmación por parte do Servicio Español Para la Internacionalización de la Educación, para mobilidades de longa duración no Lycée Joseph Saverne (L’Isle-Jourdain, Francia - dúas prazas), no Gymnazium Sacré Coeur (Graz, Austria - unha praza) e no Liceo Rosa-Gianturco (Potenza, Italia - dúas prazas). As mobilidades terán unha duración de cinco semanas. 

 

Temporalización:

As mobilidades terán lugar no primeiro trimestre do curso 2024-25. O alumnado seleccionado viaxará a Francia e Italia en setembro e posteriormente acollerá ao alumno/a que o/a recibiu en outubro ou novembro. No caso de Austria, primeiro acollerá a unha alumna en setembro e viaxará en outubro ou novembro.

 

Alumnado seleccionable:

O alumnado que presente a súa candidatura ten que estar cursando cuarto de ESO no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes no curso 2023-24. Debido á obrigatoriedade de facer unha xornada de formación durante o mes de xuño, non é posible ofertar estas prazas a alumnado procedente doutros centros.

 

Comité de selección:

Para seleccionar ao alumnado participante nas mobilidades de longa duración haberá un comité de selección formado polo vicedirector do centro, Jesús Álvarez Arias, a secretaria, Ana Carballas Pérez, e o coordinador de proxectos internacionais, Roberto Núñez Pena. No caso de que algún candidato/a sexa familiar dalgún membro do comité de selección, este último non participará na selección. 

 

Criterios de selección:

  1. Madurez, comportamento, actitude, adaptabilidade e resiliencia (ata 10 puntos). Esta puntuación será outorgada por dous membros do equipo docente de cada candidato/a. A puntuación final será a media aritmética das dúas cualificacións recibidas. 

  2. Ser alumno/a con menos oportunidades (ata 5 puntos). Esta puntuación estará baseada na existencia contrastada de dificultades por motivos de discapacidade ou saúde, educativas, socio-económicas, culturais ou xeográficas.

  3. Entrevista persoal co comité de selección (5 puntos). 

  4. Participar activamente na vida democrática do centro: 0.5 punto (subdelegado/a); 1 puntos (delegado/a); 3 puntos (consello escolar)

  5. Nota media partida por dous do expediente académico de cuarto de ESO no momento de realizarse a selección (5 puntos).

  6. Nota (partida por dous) da materia de Lingua Inglesa (Italia), Alemán (Austria) ou Lingua Francesa (Francia) no momento de realizar a selección (5 puntos).

  7. Cursar unha segunda lingua estranxeira (2 puntos). No caso das mobilidades a Francia e Austria, daranse 5 puntos por estar matriculado en Francés (Francia) ou Alemán (Austria) en primeiro de Bacharelato.

  8. Non ter participado en proxectos internacionais no centro durante o presente curso (2 puntos).

  9. Para resolver os casos de empate na puntuación final, atenderase á maior puntuación nos criterios na mesma orde na que están enumerados.

 

Presentación de candidaturas:

 

Descargar o documento que se achega e entregalo cuberto e asinado na oficina administrativa. Tamén se pode achegar en formato .pdf por correo no enderezo iesollosgrandes.erasmus@gmail.com. A data límite será o 15 de maio de 2024. Prégase cubrir o seguinte formulario para recompilar datos.

 

Unha vez baremadas as candidaturas e publicada a resolución provisional na páxina web do centro, haberá un prazo de reclamacións de cinco días lectivos. Transcurrido este período e analizadas as alegacións presentadas, publicarase a resolución definitiva de novo na web do centro.

 

AdxuntoTamaño
KA121 24-25 Mobilidades de longa duración - Información ás familias.pdf243.74 KB
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


page | by Dr. Radut