Skip to Content

KA101 Educación Escolar: FEEL

Cofinanciado por el Programa Erasmus+ de la Unión Europea

El proyecto “FEEL-Formación Internacional para la Excelencia” está cofinanciado por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta publicación es responsabilidad exclusiva del IES Nosa Señora dos Ollos Grandes y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida. 

Diseminación do proxecto

Este proxecto KA101 FEEL contribuiu a que as persoas que participaron nel puidesen mellorar as súas competencias profesionais. Esto está tendo un impacto directo nas nosas aulas, xa que nos permite tanto implementar as metodoloxías aprendidas como poñer en marcha proxectos de colaboración con outros centros europeos.

Aparte da influencia na práctica docente dos participantes, os nosos docentes compartiron as súas experiencias co resto do claustro en varias sesións trimestrais durante o curso pasado e o actual.

Jobshadowing en Budapest

Entre o 1 e o 8 de outubro, as nosas profesoras María Rey e Pili Muinelo visitaron o centro educativo Pasaréti Szabó Lörinc Magyar-Angol Két Tanítási Nyelvü Általános Iskola és Gimnázium, en Budapest. Alí puideron apreciar as diferencias e tamén as similitudes entre o noso centro e o húngaro. 

 

 

 

 

Cursos de formación no estranxeiro.

Ao longo do verán, catro profesoras do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes realizaron cursos de perfeccionamento da competencia comunicativa en lingua inglesa e de metodoloxía en distintos puntos de Europa: Irlanda, Malta e Reino Unido.  

Ademáis de mellorar o seu nivel de inglés, Pilar Illán, Teresa Ulloa, Pili Muinelo e Auri Penas estableceron contactos profesionais con docentes de toda Europa con vistas a futuras colaboracións.

 

 

Jobshadowing en Leipzig

Entre os días 7 e 10 de xuño de 2022, Javi Gómez e Mar Neira estiveron no noso centro asociado Evangelisches Schulzentrum, en Leipzig (Alemaña). Durante esta estadía aprenderon sobre o sistema educativo alemán e sobre o funcionamento interno dos centros que integran as etapas de primaria e secundaria.

 

Jobshadowing en Porto (Portugal)

Neste enlace poderedes ver un resumo das actividades de observación levadas a cabo por Sandra Varela e Beatriz Veiga durante o mes de abril de 2022 no Agrupamento de Escolas Alexandre Herculano, en Porto.

Jobshadowing en Lillestrom

Resumo visual das actividades levadas a cabo por María del Mar Villar e Roberto Núñez en abril de 2022 no Skedsmo Videregaende Skole, en Lillestrom (Noruega)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut